NOTICIAS TerraDeLemos

Talía Teatro

O domingo 21 de marzo será a quenda do drama Palabras encadeadas  de Jordi Galcerán e coa dirección de Artur Trillo a cargo da compañía Talía Teatro.

Representación teatrais correspondente á programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro semestre de 2010 apostarán novamente por traer á nosa cidade obras e compañías de grande calidade.

Terá lugar no Edificio Multiusos a partir das 19:00 (sete da tarde).

O prezo de entrada xeral para cada unha delas será de catro euros e de dous euros para estudantes, desempregados e xubilados.
A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios enmárcanse nun convenio entre a Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Volver

(c) TerraDeLemos.com - TaBloc