|
A compañía Teatro do Morcego coa comedia Kvetch (Unha comedia americana sobre a ansiedade) obra do actor, dramaturgo e director Steven Berkoff dirixida por Álvaro Lavín e que poderá verse o domingo 18 de abril. Representación teatrais correspondente á programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios no primeiro semestre de 2010 apostarán novamente por traer á nosa cidade obras e compañías de grande calidade. Terá lugar no Edificio Multiusos a partir das 19:00 (sete da tarde). O prezo de entrada xeral para cada unha delas será de catro euros e de dous euros para estudantes, desempregados e xubilados. A programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios enmárcanse nun convenio entre a Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos e a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. |