NOTICIAS TerraDeLemos

DEBUXO MEDIEVAL VIII FEIRA
A continuación sinálanse as bases do VII Concurso de Debuxo Medieval da VIII Feira Medieval de Monforte
Primeira:
A Delegación de Cultura e Educación do Concello de Monforte  de Lemos convoca o VII Concurso de Debuxo Medieval da VIII Feira Medieval de Monforte.

Segunda:
Poderán participar no concurso todos os rapaces de primeiro, segundo e terceiro ciclo de primaria dos colexios de Monforte de Lemos, presentando obrigatoriamente traballos orixinais.

Terceira:
O tema será totalmente libre sempre dentro do ámbito do Medievo.

Cuarta:
O Concello entregará nos centros de ensino o luns 22 de febreiro de 2010 cartolinas orixinais para todos os nenos de primaria para a realización dos seus debuxos.

Os traballos orixinais que se desexen presentar ao concurso serán recollidos nos colexios o xoves 18 de marzo, establecéndose dita dáa como prazo máximo para a súa entrega.

Quinta:
De entre todos os traballos presentados ao concurso elixiranse cinco debuxos de cada curso e colexio participante, o que supón un total de 150 debuxos finalistas.

Haberá un primeiro premio por cada curso de primaria.

Así mesmo o xurado poderá elixir, se o considera oportuno, un debuxo de entre os expostos que recibirá un premio especial polas súas características.

Sexta:
A contía dos premios que se entreguen non poderá exceder da cantidade de 500 euros e consistirán en lotes de material didáctico e educativo.

Sétima:
Os 150 debuxos seleccionados serán expostos ao público no Edificio Multiusos do 25 de marzo ao 21 de abril de 2010.

A partir desta data os debuxos serán devoltos aos colexios para entregárllelos aos participantes.

Oitava:
O xurado estará formado por un representante da Fundación Comarcal de Terra de Lemos, un representante da Asociación de Artesáns Terra de Lemos e outro representante da Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos. Actuará como Secretario o Técnico de Cultura do Concello de Monforte de Lemos.

Novena:
A decisión do xurado terá lugar o día 24 de marzo de 2010 e será comunicada aos centros de ensino participantes para que á súa vez llela notifiquen aos alumnos aos alumnos premiados. A entrega de premios realizarase nun acto que terá lugar no Edificio Multiusos o día 25 de marzo de 2010 ás 18:00 horas e ao que están invitados os nenos e nenas premiadas, as súas familias e os seus profesores.

Décima:
O xurado estará facultado para resolver todas as cuestións que non quedasen establecidas de xeito explícito nestas bases.

A participación no VII Concurso de Debuxo Medieval VIII Feira Medieval de Monforte requirirá a aceptación das normas contidas nestas bases.

Volver

(c) TerraDeLemos.com - TaBloc