|
A Asociacion XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER, ten perfilado una nova xeira de concertos dentro do seu programa anual; neste caso no ciclo que denomina PRIMAVERA MUSICAL. Os concertos, como sempre seran a cargo de músicos xovenes moi recoñecidos e laureados a nivel internacional. Celebraranse en Marzo, Abril e Maio. Na presente temporada destaca un concerto que tera como escenario a Igrexa do Mosteiro de Ferreira de Pantón; neste concerto que será ofrecido de forma especial para as monxas bernardas de clausura do convento poderá participar tamen todo o publico que o desexe. Os concertos programados son os seguintes: Sábado, 20 de Marzo 20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober Jusuk Lee -GUITARRA , Jusuk Lee (Corea do Sur, 1983) iniciase na música aos 5 anos e empeza a estudiar guitarra aos 10. Estudiou sucesivamente, na Escola Preparatoria de Arte de Kewon, e na Universidade de Arte de Corea, baixo a tutela do profesor Chang. Actualmente, cursa estudios superiores no Real Conservatorio de Música de Madrid, con Gabriel Estarellas. Foi galardoado en varios concursos coreanos e Europeos, entre os que cabe destacar o da Comarca do Condado, Celedonio Romero, Valle de Egüés, Vélez-Málaga e Infanta Cristina. Amais, recibe clases de reconocidos intérpretes e pedagogos como Pepe Romero, Pavel Steidl, Álvaro Pierri, Zoran Dukic, Aniello Desidrio, Chen Zhi ou Francisco Cuenca, entre outros. Fixo concertos de solista coas Orquestras de Changwon, Gangju, Poang Gloria, a Orquestra de Málaga, a Orquestra Millennium e a Orquestra de Castilla la Mancha. Grabou para varias televisions coreanas , para RTVE, para Radio Jaén e `para a KBS coreana. Con motivo do seu nomeamento como Xoven Artista de Kumho Asiana (2006), ofreceu un Importante recital en Seúl. Programa: Guido Santórsola (1904-1994): Three airs of court (1966) Preludio Aria Finale (Giga) Tomás Marco (1942): Preludio para invocar a luz do día (1995) Manuel María Ponce (1882-1948): Homenaxe a Tárrega (1932) Francisco Tárrega (1852-1909): Vals das Duas hirmanciñas Leo Brouwer (1939): Sonata (1990) Fandango e Boleros Sarabanda de Scriabin A Tocata de Pasquín Roland Dyesn (1955): Tango en skaï (c. 1975) Fernando Bustamante: Misionera (public. 1948) Sábado 24 de Abril: 19,00 horas na Igrexa do Mosteiro das Monxas Bernardas de Ferreira de Pantón. Mariano Bas e José Antonio Domené-FRAUTA E ARPA Mariano Bas (Rafal, Alicante) realiza estudos con Gabriel García Martínez e Antonio Alcaraz. Tras obter o Premio de Fin de Carreira amplía estudios con Claudi Arimany. Tamén participa en cursos de perfeccionamiento a cargo de Maxence Larrieu, Shigenori Kudo, Philippe Pierlot, Raymond Guiot e Jean-Pierre Rampal, entre outros. Intervien en varias formacions orquestais (Orquestra Sinfónica da Rexión de Murcia, Orquestra de cámara Sant Vicent, Young Janácek Philarmonic Orchestra,…). É habitual atopalo en grupos de cámara de signo moi diverso, xunto a Oldrich Vlcek, Joaquín Palomares, Paul Cortese, Ashan Pillai, Iñaki Etxepare, Ad van Dongen, José Collado, Luisa Domingo, Gaspar Hoyos, Beethoven Klavier Quartett, ou o Beaux-Arts String Trio. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música de San Javier (Murcia) e frauta solista da Orquestra Sinfónica "Ciutat d'Elx". Actúa nos seus concertos cunha frauta Wm. S. Haynes de ouro. José Antonio Domené (Alberca de las Torres, Murcia) realiza estudos no Conservatorio Profesional de Música de Murcia e no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, con María Rosa Calvo-Manzano. Obten o Título Superior de arpa en 2008 e trasladase a Londres para realizar un posgrado no Royal College of Music de Londres, xunto a Ieuan Jones, becado co Ruth West Award. Foi galardoado en varios certámes internacionais como o Concurso Arpa Plus (2001 e 2002), o Concurso Internacional da UFAM (Aix-en-Provence, 2004), en Courbevoie (París, 2006) e tamén en España (Intercentros, Fundación Miguel Ángel Colmenero e Concurso Permanente de Jóvenes Intérpretes de JME). Foi colaborador con reconocidas orquestras españolas (Sinfónica de Castilla e León, Comunidade de Madrid, Rexión de Murcia, Cidade de Elche) e a nivel internacional colaborou con orquestras de Rumanía, Rusia, Estados Unidos, Eslovenia, Alemania e Moldavia, baixo a dirección de Adrian Sunshine, Alfonso Saura, Pedro Hallfter, Terje Mikkelsen ou Vladimir Valek. Ofreceu numerosos concertos como solista i en formacions de cámara, cos que grabou para RNE. En 2009 foi seleccionado para os Rising Star Concerts do Royal College para tocar no Cadogan Hall de Londres. É autor do libro "El Arpa en la Antigua Grecia" en Edicions ARLU. Programa: J. Krumpholtz (1742-1790): Sonata Allegro moderato Romance Tempo di minuetto en Rondo G. Rossini (1792-1868): Andante con variacions sobre o aria 'Di tanti palpiti' de Tancredo G. Donizetti (1797-1848): Sonata; Larghetto/Allegro C. Saint-Saens (1835-1921): Fantasía Opus 124 C. Debussy (1862-1918): Primeira arabesca G. Bizet (1838-1875): Minuetto de L'Arlésienne J. Massenet (1842-1912): Meditación de Thaïs J. Ibert (1890-1962): EntreactoAllegro moderato Sábado 22 de Maio 20,00 horas no Centro Sociocultural de Sober Marko Sevarlic -ACORDEÓN Marko Sevarlic (Cacak, Serbia, 1988) inicia os estudios de acordeón aos 8 años con Aleksandar Popovic. Amais, forma parte da Sociedade Cultural de Danza e Música Tradicional e, posteriormente, estudia con Vojin Vasovic. Gañou máis de 20 primeiros premios como solista e tamén e galardoado como membro do dúo HARFLA (frauta e acordeón). Foi seleccionado en tres ocasions como representante do seu país para participar en concursos internacionais como a Coupe Mondiale ou o Trofeo Mundial. Entre os seus galardons destacan os concursos de Castelfidardo (Italia), Shangai (China), e os primeiros premios do concurso croata de Pula e do Trofeo Mundial en Serbia. Fixo recitais en Italia, Rusia e boa parte dos países balcánicos da antigua Iugoslavia. Actualmente amplía a sua formación no MUSIKENE, centro superior de estudios do País Vasco, con Iñaki Alberdi. Durante o último ano ofreceu concertos en España e tamén foi premiado no Concurso de Lleida, en Val Tidon (Italia) e no Concurso de Juventudes Musicales de España. Forma parte do Trío Jeux d'Anches co que tamén obten varios premios e ofrece concertos en España. Programa: Johann Sebastian Bach (1685-1750): Preludio e Fuga, en fa menor Jesús Torres (1965): Itzal (1994) Domenico Scarlatti (1685-1757): Dua Sonatas en re maior Ole Schmidt (1928): Toccata nº 1, op. 24 César Franck (1822-1890): Coral nº 2 en si menor Antonio Soler (1729-1783): Sonata nº 84 en re maior (c. 1750) Anatoly Kusyakov (1945): Partita, op. 32 (1991) Intrada Canon Passacaglia Scherzo-Toccata A entrada a tódolos concertos e gratuita. Información: Luis F. Guitián (tlf. 610054013)
|