|
Tralo éxito de edicións anteriores, o VI Seminario de Música Moderna e improvisación de Monforte de Lemos chega en 2010 á súa sexta edición. A organización da actividade corre a cargo de A Tempo escola de Estudios Musicais e a Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos e co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Primeira Área de Cultura. Este ano o Seminario terá lugar entre os días 23 e 28 de agosto, os dous incluídos, no Conservatorio Profesional de Música "Mestre Ibáñez", Avenida Emilia Casas Baamonde s/n, Monforte de Lemos. As aulas teórico-prácticas terán lugar de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 19:00 h. Os contidos da presente edición son: 1- Combos (catro niveis de progresiva dificultade. Estilos: blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latín, pop...)
2- Harmonía, análise e técnicas de improvisación
3- Composición e arranxos (para distintas formacións instrumentais)
4- Iniciación á música moderna. Estilos: blues, swing, Be-Bop, bossa, funk, latín, pop...
5- Improvisación vocal: técnica vocal e coro Esta actividade formativa está dirixida a: -Persoas con coñecementos musicais que desexen achegarse á música moderna.
-Persoas interesadas en ampliar coñecementos sobre a linguaxe empregada nos distintos estilos da música moderna.
-Músicos profesionais, semiprofesionais ou estudantes coa necesidade de ampliar os seus recursos para a interpretación, a improvisación, a escoita, a creación, etc.
-Profesores que fan ou queren facer música nas aulas. No seminario ampliarán os seus recursos pedagóxicos. Os grupos practicarán estes contidos nun repertorio axeitado ao seu nivel e composto por temas de diferentes estilos.
Os grupos de traballo formaranse de acordo co nivel teórico e instrumental dos alumnos. Na presente edición do seminario haberá grupo-iniciación estará formado por alumnas e alumnos de 12 anos en diante e con coñecementos básicos do instrumento. O coordinador pedagóxico será Miguel Ángel Rodríguez. Ademais o Seminario contará cos profesores: Iñaki Askunze (saxofón), Dee Jay Foster (contrabaixo e baixo eléctrico), Joan Díaz (piano), Mamen Bautista (clarinete, baixo eléctrico e voz), Ramón Prats (batería) e Celia Mur (voz). A matrícula ten un prezo de 130 euros e as inscricións poderanse enviar por correo postal, fax ou por correo electrónico. A organización facilitará información sobre aloxamentos e restaurantes. Para obter unha maior información sobre o Seminario os interesados poden dirixirse a: Escola de Estudios Musicais A Tempo
Praza A Castaña, 2 baixo, 36002 Pontevedra Teléfonos 986 84 41 04/ 659 47 43 52
Fax: 986 844104
Correo electrónico: atempo.org@gmail.com |