NOTICIAS TerraDeLemos

V FESTIVAL NOVAS MÚSICAS
Paralelamente ó 6º SEMINARIO DE MÚSICA MODERNA E IMPROVISACIÓN DE MONFORTE DE LEMOS desenvolverase o FESTIVAL NOVAS MÚSICAS DE MONFORTE DE LEMOS que en 2009 chega á súa quinta edición con catro concertos de primeiro nivel no ámbito das novas músicas. Todos eles terán lugar na Praza de España ás 22:30. No caso de condicións climatolóxicas adversas terían lugar no Auditorio do Edificio de Usos Múltiples á mesma hora. As datas e formacións relacionadas cos concertos son as que se indican a contiuación:

 

Martes 24 de agosto de 2010: Gorka Benítez Cuarteto.
Mércores 25 de agosto: Polo Ortí Trío
Xoves 26 de agosto: Lemos Jazz Experiencia
Venres 27 de agosto: Christian Howes Trío

 

Como en anteriores edicións complementando as actuacións que terán lugar na Praza de España desenvolverase o ciclo de concertos JAZZ X BARRIOS que teñen como obxectivo acercar o Festival a todos os barrios da cidade. As datas, horas e lugares nos que se desenvolverán os concertos Jazz x Barrios son os seguintes:


 

Luns 23 ás 22:30 h no Barrio da Estación
Martes 24 ás 24:00 h no Barrio de San Vicente (Restaurante O Grelo)
Mércores 25 ás 24:00 h no Barrio de Carude (Restaurante Los Goya)
Venres 27 ás 24:00 no Barrio das Casas Baratas (Bodegón Ribeira Sacra)

 

Como novidade na presente edición do festival co fin de ampliar a oferta de música en directo e non restrinxila a horarios non habituais para determinados sectores de poboación xorde DE VIÑOS JAZZ citas coa música moderna ás 14:00 os días e lugares que se sinalan a continuación.


 

Martes 24: Bar Katanga
Mércores 25: Bar O Espía
Xoves 26: Bar do Lechu
Venres 27: Bar Rabeno

 

Tamén é novidade no V Festival de Novas Músicas a actividade JAZZ POLO MIÚDO na que se interpretará música infantil baixo o prisma da improvisación e que terá lugar o xoves día 26 de agosto ás 20:30 h na Praza de España.

 

Na páxina web www.novasmusicas.com pode atoparse toda a información relativa ó Festival Novas Músicas e ó Seminario de Música Moderna e Improvisación.


organización e patrocinio do Festival Novas Músicas corre a cargo da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Terceira, Concello de Monforte de Lemos Delegación de Cultura e A Tempo Escola de Estudos Musicais.

Volver

(c) TerraDeLemos.com - TaBloc