|
As Xornadas de Folclore Internacional chegan un novo verán no que se vive a XXVII edición desta destacada mostra de folclore de países e culturas moi diversas a cargo de prestixiosas formacións. Calidade artística e grande aceptación popular viñeron repetíndose ao longo das vinte e seis edicións anteriores das xornadas o que impulsa un ano máis a manter e aínda a aumentar a calidade do evento. Nesta ocasión as xornadas estarán presentes na nosa cidade o martes 10 de agosto a partir das 22:30 na Praza da Compañía e contarán con cinco grupos folclóricos procedentes da Indonesia, Arxentina, Cuba e Quenia.
Este grande espectáculo do que poderá gozar a nosa cidade está organizado e patrocinado pola Deputación Provincial de Ourense e a Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos. |