NOTICIAS TerraDeLemos

Animación cultural organizada
A cociña itinerante dos Contos é unha actividade de animación cultural organizada pola Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira da que se poderá gozar en Monforte de Lemos o luns 9 de agosto a partir das 17:00 h na Praza de España.
"A cociña itinerante dos Contos" é un proxecto de animación cultural que, baseado na "gimnasia da imaxinación", xira ao redor dos libros e do medio ambiente: a través da instalación dunha Ciclobiblioteca cargada con libros en galego sobre medio ambiente. A intención é levar a cultura ambiental a todos os recunchos da provincia de Lugo da man dun contacontos "cociñeiro de historias", que cos seus contos busca alimentar a imaxinación dos participantes nas súas sesións, concienciándoos ademais no coidado e a estima do patrimonio natural da nosa provincia.
Cunha duración dunha hora, a sesión contará coas seguintes actividades:

 

PASARÚAS LECTOR: unha Ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila anunciando o lugar de instalación e a actividade a desenvolver.

 

INSTALACIÓN DA CICLOBIBLIOTECA: a Ciclobiblioteca quedará instalada durante unha hora nun dos espazos da vila e poñerá libros, contos ou revistas, sobre medio ambiente, á disposición dos usuarios/as.

 

"SETEVENTOS", O COCIÑEIRO DOS CONTOS, cociñará contos, e tamén lles ensinará aos asistentes como se cociñan os contos, para que entre conto e conto, aprendan a amar os bosques, os ríos, o mar e as montañas.

Volver

(c) TerraDeLemos.com - TaBloc