NOTICIAS TerraDeLemos

CONCERTO DE BERROGÜETTO
O domingo 8 de agosto ás 22:30 poderase gozar na Praza de España co concerto de Berrogüetto, unha formación con dilatada e exitosa experiencia no panorama musical galego integrada por Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha, Santiago Cribeiro e Xabier Díaz. Este sobranceiro grupo vén de sacar á rúa en 2010 o seu quinto traballo discográfico (Kosmogonías) ao cal antecederon Navicularia (1996), Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001) e 10.0 (2006).
O concerto de Berrogüetto está organizado e patrocinado pola Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira e polo Concello de Monforte de Lemos.

Volver

(c) TerraDeLemos.com - TaBloc